XII Feira da Ciencia do IES Porta da Auga

From As feiras de ciencia na Galiza
Jump to: navigation, search
Despois de varios anos facendo a feira en conxunto cos departamentos de F.P., este ano de 2006 separouse de novo a sección de formación profesional para facer unha feira a parte.

Unha presentación desta edición

A Feira da Ciencia e Tecnoloxía é unha manifestación das capacidades dos alumnos que se celebra anualmente, dende o ano 1995, no IES Porta da Auga e que trata de levar fóra da aula o que os alumnos aprenden e son capaces de exteriorizar. Esta salientable actividade é agora un modelo para experiencias semellantes desenvolvidas fora e dentro de Galicia. Dese xeito a aprendizaxe pasa a ser transparente e impregnar o día a día dos propios alumnos. Nesta edición amosouse un cento de experiencias, montaxes e pequenas investigacións entre os días 4 e 7 de Abril. Tívose a visita organizada de diversos centros de ensino da bisbarra (uns 500 alumnos), guiados polos seus compañeiros do instituto, quenes ademáis lles eamosaron cada unha das experiencias. 
Contou co apoio da rede científica “Hands on Science” do programa Sócrates/Comenius da Unión Europea para o ensino experimental das ciencias, por ser membro asociado desta rede baixo a coordinación do Departamento de Física Aplicada na ETSE de Minas da Universidade de Vigo. Así mesmo, conta coa colaboración da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
En toda sociedade hai cousas que se fan ``na casa´´ de xeito exclusivo ou preponderante. Son eses feitos os que teñen funcións máis íntimas, e, nese senso, máis vitais no propio transcurrir das persoas. É evidente que a ciencia non ocupa un lugar nese mundo máis interno, ó menos en xeral: non se realiza de xeito preponderante, nin está presente na maioría dos casos no fogar.
Nembargantes, de continuo pode aludirse a ela dende aparellos ou accións que alí se realizan. Algo que nos parece tan lonxano da vida diaria como a noción física de campo ou a relatividade do movemento son elementos presentes nesa nosa cotidianeidade. De feito, esta XII edición da Feira da Ciencia e Tecnoloxía contemplou de xeito preferente a aplicacións da ciencia no fogar, ou, correlativamente, ó estudio cunha visión científica de compoñentes elementais ou accidentais das nosas vivendas. Neste, como noutros moitos casos, tratouse de achegar a ciencia que nos atopamos por doqueira que miremos á realidade de tódolos días, esta vez meténdose polos resquicios que deixa a porta o noso fogar.

Díptico, cartel e pegatina

Feira_da_ciencia_e_Tecnoloxía_XII_diptico.jpg
Feira_da_ciencia_e_Tecnoloxía_XII_diptico_b.jpg
x12ed_feira.jpgPorta_da_Auga_Feira_da_ciencia_XII_pegatina.jpeg
O cartel está feito con unha das posibilidades que foron ofertadas para o XVIII Congreso de EnCiGa que se celebrou no IES a finais de 2005.
Esta edición entrou en contacto co proxecto HSci.

Vídeos subidos a internet por un alumno

Tomas: 
Sobre a feira en xeral:

Algún dos traballos

Curiosidades e correlacións dalgúns dados familiares

Volta á Feira da Ciencia do IES Porta da Auga
Volta a I.E.S. Porta da Auga. Ribadeo


Esta páxina sobre Feiras de Ciencia en wikispaces foi editada 17 veces. A derradeira modificación ata o momento tivo lugar na data Mar 10, 2015 3:25 am.