Tipos de feiras

From As feiras de ciencia na Galiza
Jump to: navigation, search
Galiza.pngEspaña.pngUnión_Jack.png

Existen diversos tipos de feiras. 'Cal é o da nosa?' 'Cal consideramos máis convinte?' serían dúas preguntas que, en conxunto, poden definir a evolución dunha feira cara ó seu futuro. 
Se ben cada ano as actividades concretas realizadas poden e deben ser diferentes, a idea central dunha feira segue un patrón común no seu deseño, obxectivos e materialización práctica, destacando que durante a celebración destas xornadas o Centro Escolar cobra nova vida e semella unha animada feira onde os produtos a vender son entusiasmo e inquietude pola ciencia, sendo os alumnos en todo momento os protagonistas principais destes acontecementos. O modelo común a todas as edicións realizadas máis ou menos é o seguinte (tendo en conta que ademáis en cada lugar as cousas chámanse de xeito diferente):
Casetas (stands) de experiencias científicas, Obradoiros, Exposicións, Presentacións Multimedia e Outras actividades.

Introducción

A división das feiras en tipos pode facerse en relación a diferentes criterios e mistura deles, tendo en conta ademáis que a clasificación resultante en cada caso pode incluír varias sub-categorías, estar encadrado en varios apartados ó tempo, etc. Algún deles é:
*Orientación
*Entidades coenvoltas
*Área de desenvolvemento (temática)
*Área de influenza (xeográfica)
*Competitividade
*Rede de mantemento
*Guía de proxectos
*Guía de visita
*Características de organización
*Niveis

Orientación

Cara á investigación. O importante nesta orientación é amosar traballos de investigación realizados.
Cara á difusión/demostración de experiencias, ideas, procesos, ... O importante é ensinar.
Lúdico. O importante é pasalo ben coa ciencia para mentalizar ós alumnos dun xeito favorable ó estudo da ciencia.

Entidades coenvoltas

Un centro educativo
Varios centros en conxunto
Organización educativa zonal
Asociación relacionada coa ciencia
Empresa
Outros

Área de desenvolvemento (temática)

Focalizada nunha ciencia (Bioloxía, Física, etc.)
Mixta (varias ciencias)
Interdisciplinar (a ciencia como unha parte máis da mostra)
Substrato (a ciencia como fondo para o estudo dunha realidade que non se relaciona normalmente coa ciencia)

Área de influenza (xeográfica)

Local (vila ou barrio en cidade)
Local (cidade)
Comarcal
Provincial
Rexional
Nacional
Internacional

Competitividade

Con premios
Sen premios
(e formas mixtas diversas)

Rede de mantemento

Mantidas con recursos propios do centro
Mantidas con patrocinio
Mixtas

Guía de proxectos

Proxectos totalmente guiados
Proxectos totalmente titorados
Proxectos sen guía, pero con aprobación
Total liberdade de proxectos

Guía de visita

Feiras con previsión de guías para a súa visita
Feira con visita totalmente libre
Feiras con visitas previstas guiadas e libres

Características de organización

Proxectos realizados en horas lectivas na súa totalidade
P. realizados en horas non lectivas na súa totalidade
Mixtos

Niveis

E. Primario
E. Secundario
Universidade
Outros e misturados

... Non son os únicos criterios (por exemplo, hai que pagar entrada?), pero o feito de tentar encadrar unha feira a traverso deles pode daros unha idea máis clara da propia feira que estemos a levar a cabo, e suxerencias de como variala conforme á nosa idea de 'como debe ser' unha feira.

Volta a Un pouco de teoría

Nota sobre imaxes: premendo co botón dereito do rato sobre elas, e escollendo abrir nuna nova fiestra, en xeral poderán verse aumentadas de tamaño.
Esta páxina sobre Feiras de Ciencia en wikispaces foi editada 17 veces. A derradeira modificación ata o momento tivo lugar na data Mar 10, 2015 3:25 am.