Premios

From As feiras de ciencia na Galiza
Jump to: navigation, search
Un apartado que pode resultar controvertido.
Hai que distinguir entre acreditación e premio: a acreditación pode ser un certificado de participación. O premio é unha distinción por algunha característica.
En canto ós certificados que marcan a distinción da participación, poden ser tamén un estímulo, e cando menos, unha lembranza da feira e da participación nela que actúa a modo de propaganda interna para a persoa.
Como visión particular, os premios poden resultar un estímulo para facer as cousas ben. Pero teñen problemas para a súa asignación: Cantos premios? Premios por presentación? Por explicación e control do que se fixo? Un premio para todo un grupo ou para cada membro? E se hai grupos de tamaño diferente e presentacións inividuais? Premios para guías (no caso de que sexan os mesmos alumnos os que dirixan os grupos de visitantes)? ...
O establecemento de premios, hoxe, debe ademáis competir con outros moito estímulos externos, de xeito que é difícil establecer premios 'que premien', é dicir, que se teñan en boa consideración e correspondentemente, que faigan de estímulo. Máis aínda se o que se trata é de que sexa un estímulo complementario ó traballo propio da feira. Nese sentido, o aproveitar por exemplo, un os campamentos do Inice en Gandarío sobre ecoloxía como premio, xuntaría a distinción polo quefacer e o aproveitamento complementario sobre a temática de bioloxía.
Máis aló das dificultades que poda entranar o sistema de premios, queda unha toma de postura: competición ou colaboración? Pola propia educación, pero tamén por a consideración de como se fai o traballo científico hoxe, hai que decantarse pola colaboración. Non embargantes, sen espírito de competición pérdese a posibilidade dunha adecuada dedicación por parte de moitas persoas. Así pois, é un conxunto de opcións a establecer ó deseñar o evento, que debe tomarse segundo o ideario de cada un (persoa ou centro) e en correspondencia co tipo de educación que se pretende.
A dicir que o reparto de premios, dun ou outo xeito, está ampliamente extendido plas feiras que polo mundo adiante se realizan (máis que a non existencia de premios)
Aconséllase ver como orientación, por exemplo, o sitio [1] onde se expón a relación de premios na Exporecerca Jove.

Volta a Un pouco de teoría

Nota sobre imaxes: premendo co botón dereito do rato sobre elas, e escollendo abrir nuna nova fiestra, en xeral poderán verse aumentadas de tamaño.
Esta páxina sobre Feiras de Ciencia en wikispaces foi editada 17 veces. A derradeira modificación ata o momento tivo lugar na data Mar 10, 2015 3:25 am.