Pontenciencia

From As feiras de ciencia na Galiza
Jump to: navigation, search
[[_|Galiza.png]]España.pngUnión_Jack.png

Table of Contents


Definida como 'a feira da miniciencia', tivo a súa primeira edición no 2014 en Pontevedra, e pretende unha perioricidade anual. Como curiosidade, ten establecidos os premios Pontenciencia, que se estruturan en dúas categorías: centros educativos e familias. E, en relación a este punto, especifican que haberá un "Obradoiro de métodos de investigación: para facilitar a participación en Pontenciencia dos alumnos e dos seus familiares, impartiranse uns obradoiros formativos sobre métodos de investigación aplicables á presentación dun proxecto de investigación en Pontenciencia. A coordinación e inscrición nestes obradoiros é realizada pola FANPA.) Proxectos de Ciencia en Familia: os/as participantes poderán realizar os seus proxectos de investigación seleccionando unha das propostas elaboradas polos comités científicos universitarios ou ben de modo libre con temáticas propias, mais sempre axustándose ao indicado nas bases. Cada alumno/a poderá participar cun máximo de 2 familiares e disporá dunha caseta expositora onde poderá presentar o seu proxecto de investigación. Propostas dos comités científicos."
A xestión está apoiada por unha entidade privada: Equilátero Desenvolvemento Sostible Consultores
No ano 2016 celébrase venres 3 e Sábado 4 de xuño.

Ligazón: [1]


Nota sobre imaxes: premendo co botón dereito do rato sobre elas, e escollendo abrir nunha nova fiestra, en xeral poderán verse aumentadas de tamaño.
Esta páxina sobre Feiras de Ciencia en wikispaces foi editada 17 veces. A derradeira modificación ata o momento tivo lugar na data Mar 10, 2015 3:25 am.