Planificando, organizando e poñendo en escea unha feira de ciencia escolar

From As feiras de ciencia na Galiza
Jump to: navigation, search
-Planificando, organizando e poñendo en escea unha feira de ciencia escolar-


Referencia previa

O que aparece a continuación xurdiu dunha interpretación persoal resumida (nalgún momento, tamén ampliada) do artigo "[organizing and staging a school science fair], Ward, A., School science review (Sch. sci. rev.), 1994, vol. 75, no273, pp. 41-47", co que non sempre o autor destas páxinas coincide en opinión, como amosa noutros artigos referidos propios ou doutra xente. A notar ademáis que as características da feira ás que se refire o artigo tratado poden resultar abondo restritivas no seu desenvolvemento, nivel e obxectivos.

Resume

Ideas, puntualizacións e suxerencias baseadas na experiencia do autor (Alan Ward) como profesor, formador de formadores e consultor educativo.

Unha feira de ciencia é unha actividade presentada por rapaces na escola, na que outros rapaces e adultos van ver, aprender e comentar unha variedade de exposicións e actividades sobre ciencia e tecnoloxía. O obxectivo é poñer sobre a mesa ideas científicas divertidas e marabillosas, e un xeito excitante de atopar interese e significado en todos os campos da vida.

Presentacións e exhibicións

Unha presentación/exhibición nunha feira de ciencia pode facer unha ou máis de varias cousas: pode ser unha mostra de información (Como nace unha formiga), un modelo que amose unha idea técnica ou científica (Como traballa un cohete), unha experiencia (Protexe a pel dunha mazá ó froito da enfermidade?), ou algo divertido (Unha botella que bota auga na túa cara)

Cada exhibición debe ofrecer ó visitante algo interesante que facer

Cada presentación pode ofrecer un desafío amosable como resume en varios puntos:

  • Invitación a manexar os modelos
  • Participación en test
  • Desfrutar dunha diversión

Asuntos suxeridos

Son propostos varios en xeito de títulos.

Tecendo conexións coa vida real

Débese presentar todo cun baixo custe, usando no posible materiais sinxelos reusados. Facer esforzo para facilitar a comprensión das presentacións, o facelas robustas para que podan durar a pesares do seu manexo, e atractivas.

Pontos a ter en conta na planificación

A ter en conta que é necesaria (ademáis de convinte) a axuda de adultos e / ou titores... 1.Escoller títulos prácticos para os proxectos 2.Decidir se os cativos van traballar sós ou en grupos 3.Asegurar a variedade de proxectos 4.Procurar que os visitantes podan estar entretidos en cada un dos proxectos, con 'algo entre mans' 5.Facer unha táboa temporal da feira 6.Ten en conta a publicidade (folletos, carteis, medios de comunicación a nivel local, ...) 7.Practicar o que os alumnos dirán ós visitantes 8.Axudar a elixir aparellos, materiais, libros, ... 9.Recaudar fondos (patrocinadores...) 10.Atopar o mellor sitio para realizala Alomenos seis meses antes de que teña lugar, unha persoa con entusiasmo debe tomar o papel de coordinador/lider. Terá como misión coordinar a planificación xeral, tratar cos profesores para que organicen os seus alumnos, apoiar ós profesores non especialistas, etc. Debe estar pensado tempo abondo para o desenvolvemento dos proxectos, e que tempo se vai usar (clase, extraescolar, mixto, ...). É importante a procura da cooperación e apoio dos pais.

Oganizando e montando

Despois de seren animados e axudados a escoller o tema, os estudantes deben elixir título, claro e sinxelo. Logo, facer observacións, deseñar test, buscar información e pistas en libros e internet, consultar xente, ... Debe tomarse nota dos detalles para a presentación na feira. Despois, debe planificarse a presentación, o uso de paneis, encerados, escritos, etc, revisando a súa lexibilidade e tendo conta de que os visitantes en xeral non leen moito do que se pon, polo que as presentacións deben ser completadas con gráficos, debuxos, fotos, etc. Os 'presentadores' deben ter a oportunidade de de facer breves explicacións e exhibicións, e estar ben preparados para levalas a cabo e responder ás preguntas dos visitantes, que estarán movéndose pola sala entre as presentacións.

Felicitacións e premios

Os participantes deben recibir certificados como testemuña do momento. E recibir unha distinción para a feira (adhesivos, camisetas, etc). Os visitadores, unha lista de presentacións e participantes (coa súa idade). Unhas e outras poden ser deseñados por alumnos con talento artístico. Pode haber unha entrada para axudar a gastos. Pódese nomear un comité para xulgar as presentacións. Os puntos poden adxudicarse en base ó entusiasmo do presentador, cantidade de traballo, atracción da presentación, facilidade de comprensión, economía de realización, etc.

Criterios propios para a concesión de premios

Un elemento de competición é mellorar o valor, calidade e significación da feira de ciencia. Como todos os participantes reciben algún tipo de lembranza, toca determinar cal será a distinción dos premiados.

Proxectos típicos para unha feira

De xeito ideal, os cativos deben ser animados a desenrolar as súas propias ideas, pero o artigo referido ten varios sinxelos desenvoltos polo miúdo: O fumador Como dar o bico da vida Observacións sobre a contaminación do aire Galería de interruptores Calambre divertido cun timbre eléctrico


Volta á Portada.


Nota sobre imaxes: premendo co botón dereito do rato sobre elas, e escollendo abrir nuna nova fiestra, en xeral poderán verse aumentadas de tamaño.

Cambios recentes na wiki