Motivación

From As feiras de ciencia na Galiza
Jump to: navigation, search
-Motivación-


Introducción

A motivación é fundamental en calquera proceso a desenvoltar ou seguir por persoas. Os procesos educativos non son unha excepción, pero teñen os seus rasgos particulares e pode variar moito de alguén que xa teña participado en feiras a alguén que non o teña feito, dun alumno a unha alumna, ou, por suposto, dun alumno/a a profesora/profesor. Ou mesmo, nas diversas fases da feira, dende a iniciación do proxecto, o seu desenvolvemento, a finalización e montaxe, a presentación/exposición ó público, a guía da xente a traverso da exposición, etc.

Da realidade

Collendo os casos contrapostos e fases anteriores, podemos facer un pequeno estudo. O primeiro resultado será un evidente "Ninguén estará convencido das bondades e a conveniencia dunha feira se o primeiro promotor non o está". Como pode un promotor non estar convencido do que promove? Non se trata da falta de convicción, senón de considerar unha motivación para cumprimento duns propósitos que podemos calificar de inadecuados. Poñamos por caso: a promocón dun centro educativo, por riba da súa validez para complementar o que se fai na aula.

De cara ós alumnos, é moi diferente que se vexan forzados a facer algo dun xeito dirixido totalmente, a que fagan algo forzados, pero dun xeito aberto en relación a unha gama de posibilidades que poden elixir, ou que o fagan dun xeito totalmente voluntario. É dicir, o xeito de motivar terá vias totalmente diferentes en cada un dos casos: no primeiro parece claro que a motivación principal, con diferencia e para a xeralidade dos participantes, será vía nota. Que eso sexa bo ou non será algo a pensar en relación ó tipo de educación que se esteña a desenvoltar.

Base teórica

Como base teórica, a motivación debe ter presente o encadre construtivista básico para levar a cabo unha experiencia de feira, con puntos fundamentais:

a) Motivar ó estudante a relacionar novos coñecementos e outros que xa ten integrados,

b) Presentar os novos coñecementos relacionados con feitos ou obxectos, e asociados con eles mediante esa experiencia, e

c) Procurar unha implicación afectiva para integrar a aprendizaxe.

Por último, unha pequena reflexión, a conto de diversas leturas sobre didáctica: a motivación non é a finalidade da feira, pero atendela contribúe ó éxito, tanto educativo como do evento.


Volta á Portada.


Nota sobre imaxes: premendo co botón dereito do rato sobre elas, e escollendo abrir nuna nova fiestra, en xeral poderán verse aumentadas de tamaño.

Cambios recentes na wiki