I Feira da Ciencia do IES Porta da Auga

From As feiras de ciencia na Galiza
Jump to: navigation, search
-I Feira da Ciencia do IES Porta da Auga-


1ed_feira.jpg
A primeira feira de ciencia do IES Porta da Auga tivo lugar a comezos de maio no ano 1995, adaptando unha idea recollida dun artigo de Alan Ward por Antonio Gregorio. Ocupou o que daquela era o salón de actos, a biblioteca e o pasillo entre ambos, lugares que ocuparía aínda moitos anos máis. O resultado acolleuse nun vídeo ('Voa coa realidade', coincidindo título e lema desa edición) realizado por álvaro Doural e Mª Jesús Besteiro, que obtivo unha mención de honra no certame de vídeos de Pontevedra dese ano.
Pode que as cousas máis resaltables foran a ilusión dos profesores, a curiosidade dos alumnos e o ánimo de facer a feira algo perdurable, o que ata o momento segue a ser. Os aspectos didácticos foron impulsados dende ese momento a partir dos lúdicos, e os resultados foron convincentes.
A destacar na imaxe a mención da A.C. Xerfa á beira do nome do IES. A Asociación Cultural foi creada para facilitar aspectos da organizacion de actividades no IES.

Reseña na Revista Xerfa (1996)
Vídeo da I Edición da Feira de Ciencia:
Instrucións para a construcción do globo que deu remate á feira co seu lanzamento:
Globo. Construcción. 1.jpg
Globo. Construcción. 2.jpg

Volta á Feira da Ciencia do IES Porta da Auga