IES Auga da Laxe

From As feiras de ciencia na Galiza
Jump to: navigation, search
O IES Auga da Laxe ten celebrado unha semana da Ciencia adicada á arqueoloxía do 22 ó 26 de novembro do ano 2004 xunto co Instituto de Estudos Miñoranos, no marco do proxecto HSci.
O formato foi de obradoiro, pretendendo dar unha visión divulgativa da Arqueoloxía na Prehistoria a partir do xacemento de Chan do Cereixo (Gondomar). Procurouse por unha parte a difusión das técnicas científicas de investigación arqueolóxica como tarefa interdisciplinaria e por outra parte unha sensibilización da poboación respecto á importancia de preservar o Patrimonio.
Semana_da_Ciencia_IES_Auga_da_Laxe_2004.jpg
As xornadas correspondentes foron dirixidas en particular ós estudantes dos centros de ensino secundario e bacharelato en horario de mañá, e ó público en xeral en horario de tarde. A estrutura foi de visitas monitorizadas a unha exposición con paneis interpretativos e autocontidos dunha duración de 50 minutos, titoradas por guías formados para a ocasión
Con posterioridade, extendeu a experiencia, de xeito que no curso 2006/2007 figuran entre as súas actividades unha Semana da Ciencia (parece que reducida a unha saída o 8/11/2006) e unha Semana Matemática (no mes de maio) como articulantes de deiversas outras actividades en torno preferente á Bioloxía/Xeoloxía e ás Matemáticas.
Pódese ver unha referencia da actividade do 2004 na revista de EnCiGa correspondente ás actas do congreso, titulada 'Unha experiencia interpretativa interdisciplinar no eido educativo', de R. Villar Quinteiro e R. Vázquez Dorrío (.pdf)

Nota sobre imaxes: premendo co botón dereito do rato sobre elas, e escollendo abrir nuna nova fiestra, en xeral poderán verse aumentadas de tamaño.
Esta páxina sobre Feiras de Ciencia en wikispaces foi editada 17 veces. A derradeira modificación ata o momento tivo lugar na data Mar 10, 2015 3:25 am.