IES A Xunqueira

From As feiras de ciencia na Galiza
Jump to: navigation, search
O IES ten celebrado varias Semanas de Ciencia en contacto coa rede HSci e en conxunto co IES de Poio. O centro recibiu un premio de 2000€ nos premios á innovación educativa 2005, correspondentes á realización da 'semana'.

I SEMANA DA CIENCIA E TECNOLOXÍA

A semana da ciencia naceu no 2004, con experimentos científicos de baixo custo asumibles por un centro escolar destinados a axudar á comprensión polo alumnado e o público en xeral, de que a ciencia é explicativa e asumible sen necesidade de gran aparato matemático. Pretendeuse achegar a ciencia e tecnoloxía á sociedade, vendo a ciencia como algo cercano. O proxecto traduciuse nunha exposición de experimentos que permite a calquera persoa entender os fenómenos e a súa explicación, espertando o interese e a motivación cara á ciencia, fundamentalmente do alumnado de primaria e secundaria.
Xurdiu da colaboración dos seminarios de Física e Química dos dous institutos (IES A Xunqueira de Pontevedra e o IES de Poio) co Departamento de Física Aplicada na ETSE de Minas da Universidade de Vigo, dentro do programa Comenius 3 da Axencia Sócrates da Unión Europea. A esta idea sumaríanse posteriormente os Seminarios de Tecnoloxía dos dous institutos e o Seminario de Bioloxía e Xeoloxía do IES de Poio, contando coa colaboración dos seminarios de Educación Plástica, Automoción, Madeira, Electrónica e Lingua Galega do IES A Xunqueira.
3 ó 7 de maio 2004, en colaboración co IES de Poio
semana_da_ciencia_IES_Poio_2004.gif

II SEMANA DA CIENCIA E TECNOLOXÍA

IES A Xunqueira de Pontevedra 2/6 de maio de 2005, a cargo de D. José Manuel Dapena Márquez
IES de Poio 9/13 de maio, a cargo de Dª Mª Concepción Mora Domínguez
Este evento inscríbese no marco da rede de formación "Hands-on-Science" (programa Sócrates-Comenius 3 da Comisión Europea).
Defínese como unha exposición interactiva de experiencias científicas que intentan espertar o interese e a motivación polas ciencias experimentais dun xeito lúdico, divertido e sinxelo. É dicir, de xeito similar a como se fai nos museos de ciencias interactivos.
Enténdese como un pretexto para dotar ao alumnado dunha visión crítica da realidade que lle permita cuestionarse o por que das cousas como base do espírito científico e da evolución e desenvolvemento das ciencias e da sociedade ao longo da historia.
Estivo formada por:
-42 experimentos de Física e Química e 8 de Bioloxía e Xeoloxía. Algúns alumnos do instituto explicaron aos visitantes. Cada experiencia acompañouse de dous carteis, indicando a forma de interactuar cos materiais que a acompañan e indicando o obxectivo didáctico que se persegue e o fundamento teórico.
-Conmemoraión do ano internacional da Física: Pequena reseña histórica dos traballos publicados por Einstein fai 100 anos.
-32 láminas sobre percepción
-Distintos proxectos elaborados polo alumnado de tecnoloxía e educación plástica e visual.
Os niveis das experiencias son variados, unhas máis axeitadas para ESO e outras para bacharelato, tentando achegar explicacións sen ter necesidade de de grandes coñecementos científicos.
A exposición estivo aberta ao longo da semana para tódolos alumnos dos institutos organizadores. Asemade, foron invitados a visitar a exposición os institutos e colexios do entorno, en concreto foi visitada por IES de Monteporreiro, IES A Xunqueira II de Pontevedra, IES de Vilalonga (Sanxenxo) e IES Miguel Ángel González (Vilagarcía).
(Máis detalles, na propia web do centro)
IES_Poio_Semana_da_Ciencia_e_Tecnoloxía_II_2005.jpg
IES_Poio_Semana_da_Ciencia_e_Tecnoloxía_II_2005_b.jpg

Artigos

[1]

Enderezos electrónicos

Os dous centros, IES A Xunqueira e IES de Poio, coa celebración común da feira, manteñen unha ilustrativa páxina tamén común.
Contactos: Manuel Dapena e Conchi Mora.


Nota sobre imaxes: premendo co botón dereito do rato sobre elas, e escollendo abrir nuna nova fiestra, en xeral poderán verse aumentadas de tamaño.
Esta páxina sobre Feiras de Ciencia en wikispaces foi editada 17 veces. A derradeira modificación ata o momento tivo lugar na data Mar 10, 2015 3:25 am.