I.E.S. Porta da Auga

From As feiras de ciencia na Galiza
Jump to: navigation, search
Ver Feira da Ciencia do IES Porta da Auga

O IES Porta da Auga leva máis dunha década organizando internamente de xeito continuado unha 'Feira da Ciencia e Tecnoloxía' que hoxe por hoxe é a decana deste tipo de eventos en Galicia, ó tempo que interviu dende a terceira edición no día da ciencia na rúa de A Coruña. Ten editado diversos vídeos relacionados coa didáctica, un deles sobre feiras de ciencia ('Voa coa realidade') con motivo da I Feira celebrada no centro.
Asemade, ten mantido e mantén contacto con diversas outras institucións para a celebración dos eventos, como HSci ou SFTE, ambos proxectos europeos con orientacións relativamente parellas a diferentes niveis.

Día da ciencia na rúa 1998

Día da ciencia na rúa 1999

Día da ciencia na rúa 2000

Día da ciencia na rúa 2001

Día da ciencia na rúa 2002

Día da ciencia na rúa 2003

Día da ciencia na rúa 2004

Día da ciencia na rúa 2005

Preséntase o díptico correspondente a este día:
Dia_de_la_Ciencia_en_la_Calle_X_IES_Porta_da_Auga_2.jpg
Dia_de_la_Ciencia_en_la_Calle_X_IES_Porta_da_Auga.jpg

Día da ciencia na rúa 2006

Preséntase o díptico correspondente a este día:
10a.jpeg
10a_0002.jpeg

Día da ciencia na rúa 2007


O IES, amosando a ciencia na rúa (XII día de la Ciencia en la Calle)

(Artigo publicado con anterioridade en internet)
O sábado 5 de maio foi o 'día de la ciencia en la calle' de A Coruña. Alí foi unha representación do IES, invitada como tódolos anos polos amigos da Casa das Ciencias, a amosar algunhas das montaxes da feira. Aló estiveron tanto os líquidos non newtonianos (auga e maicena) como a mostra de plegamentos que pode ter a cortiza terrestre, ou dos tecidos hidrófugos, xunto coa idade dos peixes, á vista das escamas. Tanto os dermatoglifos como o fume caínte que se facía visible nunha montaxe, ou os globos que 'incomprensiblemente' non estoupan ó ser perforados de xeito convinte acapararon a atención dos visitantes.
A carpa do IES recibiu moita xente; en momentos, abonda máis da que podiamos atender. Por ela pasaron tanto xente curiosa como alumnos e profesores doutros centros, algúns aínda adestrados pola nosa xente para que poideran facer eles mesmos algunha explicación ou reproducir algunha experiencia sinxela: temos fotos dos globos atendidos por xente de fóra... Pero tamén pasaron VIP: á primeira hora da mañá, o Director da Casa das Ciencias pasou co equipo coordinadorr a botar unha ollada, e máis tarde, foi el mesmo quen trouxo á carpa ó alcalde de A Coruña a ver as curiosas propiedades da maicena...
Por suposto, tamén pasou a tele, a radio, a prensa, ... pero o máis importante foi que a xente que fomos non o pasamos nada mal, ó tempo que ensinábamos ciencia e aprendíamos doutros (pois había alí máis de 20 centros educativos e outras entidades). Asemade, algúns estableceron contactos de diversos tipos, e ata tivemos un agasallo dun visitante a unha hora de pouca afluencia: un malabarista deunos unha demostración asombrosa das súas habilidades, en sesión expresa para os que estabamos naquel momento na carpa. Tivemos visita de portugueses (hai fotos enviadas por eles) e de universitarios, e como tódolos anos, a xente da organización tamén fixo visitas para disfrutar e aprender connosco nunha xornada na que ata acompañou o tempo, lucindo o sol con algunha nube sen atosigar.
Tamén houbo anécdotas, pero ésas xa son máis persoais...

Participantes:

Borja Pardo Iglesias, Iria Acevedo, Rubén Balsa, Andrea Darriba, Álvaro Fernández Faílde, Mª Vieites Díaz, Raquel Barbeito, Paula Dorado, Adrián Fernández, David García, Iván González, Cristian Pernas, Ángela Vázquez, Alejandro Villaveirán, Diego Yáñez, Marcos Fernández, Adrián Fernández, Daniel Gallo, Arturo Linares, Iván López, Joaquín López, Eloy Rodil, Manuel Trashorras, J.Mel. Ventoso, Óscar Villamayor, Mª Jesús Besteiro e Antonio Gregorio

Presentacións

  • A idade dos peixes
  • A caída do fume
  • Tecidos
  • Propiedades curiosas da maicena
  • Globo faquir
  • Dermatoglifos
  • Modelos xeológicos

10.jpg
10_0002.jpeg

Outros

A súa actividade científica ven acompañada de visitas diversas, como a celebrada en xaneiro de 2001 á Casa das Ciencias, lembrada na folla pasada ós alumnos con ese motivo:
Porta_da_Auga_Casa_das_Ciencias_20010116.jpg

Ligazóns

Feira da Ciencia do IES Porta da Auga
Día da ciencia na rúa
entradas do blog FQRibadeo referidas ás Feiras de ciencia en xeral
Web do IES


Esta páxina sobre Feiras de Ciencia en wikispaces foi editada 17 veces. A derradeira modificación ata o momento tivo lugar na data Mar 10, 2015 3:25 am.