Galiciencia 2009

From As feiras de ciencia na Galiza
Jump to: navigation, search
[[_|Galiza.png]]España.pngUnión_Jack.png

Listado de proxectos

PROXECTOS GALICIENCIA 2009

Extracción de aceites esenciais de algas para a elaboración de produtos de cosmética
O traballo consistiu na extracción de aceites e aromas das algas mariñas para fabricar produtos de cosmética. Os métodos que utilizou o equipo para conseguir as cremas, as candeas, os perfumes e os xabóns foron a destilación, a maceración (con alcol e aceite) e a enfleurage (extracción do perfume por absorción das exhalacións das plantas). As algas que se utilizaron foron Clorofíceas como as Enteromorfas e a Ulva. Tamén se utilizaron algas Pardas como os Mucus e a Sargassum.
Centro: Colexio Alborada (Vigo, Pontevedra).
Equipo: Ana Alonso Fragua e Sara Gil Pereira –estudantes- e Alberto García Mallo – profesor-).

Enxizador para tacos de billar
Trátase dun aparato que serve para aplicar xiz no taco de billar sen manchar as mans. Consta dun interruptor para poñelo en marcha e dun motor con redución de velocidade, ademais cun caxetín para recoller o pó que se desprende.
Centro: IES Val do Tea (Ponteareas, Pontevedra).
Alumno: Pablo Paz Olivares.

Microrrobótica
O equipo aplicou os seus coñecementos en programación e electrónica para lograr que un grupo de microrrobots realice varias tarefas: unha carreira de relevos, baile sincronizado, un partido de fútbol e a resolución dun laberinto.
Centro: IES Escolas Proval (Nigrán, Pontevedra).
Equipo: David Nieto Carrera e Isaac Pérez Álvarez –estudantes- e María del Carmen Currás Francos –profesora-).

Kódigo SMS: kódigo modrno?
O equipo realizou un estudo estatístico sobre a frecuencia coa que desaparecen as letras dos SMS enviados por mozos de ambos sexos de entre 9 e 16 anos. A análise demostra que a maior uso do móbil, máis abunda a cantidade de desaparicións de letras ao escribir unha mensaxe. No stand do equipo proxectase un vídeo que confirma que este código moderno está estendido á meirande parte da sociedade actual.
Centro: Colexio Alborada. Vigo
Equipo: Catarina Pacheco Calvar e Alba Somoza Cerviño –estudantes- e Mª José Araujo Fernández –profesora-).

¿En que marcas de zumes de froita abunda máis a vitamina C?
A cantidade de vitamina C -ou ácido ascórbico- é o principal argumento que empregan as grandes marcas para captar a atención dos consumidores sobre os zumes de laranxa que comercializan. O equipo realizou unha análise comparativa das marcas con máis presenza no mercado para identificar as que máis vitamina conteñen.
Centro: Colexio Alborada. Vigo.
Equipo: Ainoa Dasilva Amorín e Samuel Martínez Alonso –estudantes- e Galicia María Estévez Garrido –profesora-).

O ceo nocturno na man
Co gallo do Ano Internacional da Astronomía o equipo elaborou un planisferio celeste de gran formato con soporte autosustentable e mapas de constelacións en menor formato. Estes, xunto con outros complementos, poden ser utilizados como material didáctico nas aulas, coa finalidade de que sexan de doada fabricación e baixo custo.
Centro: IES Val do Tea (Ponteareas).
Equipo: Noelia Lago Gandara e Carina Gomez Pires –estudantes- Rodrigo Pérez Pintos –profesor-.

A transpiración á nosa escala
A través do estudo experimental do proceso de transpiración dun piñeiro, e mediante unha serie de cálculos elementais, o equipo tentou acometer a comprensión da natureza aleatoria de procesos esenciais para a vida que teñen lugar a unha escala
celular.
Centro: IES Val do Tea (Ponteareas).
Equipo: Sara Paz Porto e Brais Groba Fernández –estudantes- e Rodrigo Pérez Pintos -profesor-).

¿Inflúe a cor do pelo na súa resistencia?
Partindo da hipótese de que os cabelos de cor escura teñen maior resistencia cós de cor clara, o equipo realizou unha serie de ensaios científicos que lles permitiron facer a comprobación mediante métodos comparativos. A conclusión que obtiveron é que a
cor do cabelo non determina a súa resistencia.
Centro: Colexio Alborada. Vigo.
Equipo: Óscar Gómez Alonso e Paula García Rodríguez –estudantes- e Alberto García Mallo –profesor-).

Estudo climatolóxico comparativo dos anos 2001 e 2008 na provincia de Pontevedra
O equipo realizou unha análise climatolóxica dos anos 2001 e 2008 facendo fincapé nas variables meteorolóxicas temperatura, precipitación e vento. Como resultado, obtiveron estatísticas e series temporais coas que analizaron as diferenzas meteorolóxicas existentes entre os dous anos.
Colexio Las Acacias (Vigo, Pontevedra).
(Equipo: Ana de Narciso González e Lucia Pontes Lorenzo –estudantes- e Mª Luisa Malvesada Rodríguez –profesora-).

Estudo comparativo das diferentes areas da praia de Lagos
A praia de Lagos (Bueu) caracterízase por estar distribuida en tres zonas que se diferencian claramente a través de distintos tipos de areas, o que resulta moi rechamante para os seus visitantes. O equipo recolleu mostras e fixo un traballo de caracterización de cada tipo segundo o tamaño, composición, etc.
Centro: Colexio Alborada. Vigo.
Equipo: Laura López Goicoa e Covadonga López Pérez – estudantes- e Alberto García Mallo –profesor-).

Estudo da corrosión do ferro e do cobre
Estudo da corrosión do ferro e do cobre en distintos medios con diferentes pH, facendo un seguimento cualitativo e cuantitativo dos materiais expostos a través de fotografías.
Colexio Las Acacias. Vigo.
(Equipo: Sara Albort Verges e Miriam Díaz de Caso –estudantes- e Pilar Doval – profesora-).

Estudo da evolución de dous microecosistemas de auga doce
Neste estudo pretendeuse comparar como evolucionan dous microecosistemas formados a partir de auga de choiva e auga estancada, ambos co mesmo substrato. Os resultados describen os distintos tipos de microorganismos que conviven en cada un deles.
Centro: Colexio Alborada. Vigo.
Equipo: Marta Carrón Gómez e Bárbara Estévez Soto –estudantes- e Alberto García Mallo –profesor-).

Estudo sobre a resposta das litorinas á presenza do mar
O estudo consiste en saber se a Littorina saxatilis (bígaro bravo) se move buscando o mar ante o período de baixamar ou se permanece quedo agardando a subida da marea. A análise realizouse a través dunha serie de ensaios en placas de cristal sobre que se deslizaba o molusco.
Centro: Colexio Alborada. Vigo.
Equipo: Adrián Dalmeida Canitrot e María Loureiro Vázquez –estudantes- e Alberto García Mallo –profesor-).

Estudo dos epífitos de Laminaria sp. da Ría de Vigo
Os epífitos son organismos que viven sobre outros organismos vexetais. O traballo trata do estudo dos epífitos que nacen, viven ou se desenvolven sobre a alga Laminaria, tomando como área de referencia no traballo de campo a Ría de Vigo.
Centro: Colexio Alborada. Vigo.
Equipo: Alba González García e Uxía Núñez González –estudantes- e Alberto García Mallo –profesor-).

A publicidade nunha revista de divulgación científica
O equipo realizou unha análise da presenza de publicidade nunha revista de divulgación científica, neste caso National Geographic, facendo fincapé en como esta publicidade se axusta aos contidos medioambientais.
Centro: IES Val do Tea (Ponteareas).
Equipo: Silvia Parada Rodríguez e Andrea Carrera Gil –estudantes- e Rodrigo Pérez Pintos –profesor-.

Maqueta de instalación termo+foto-voltaica
Ante a necesidade de avanzar no desenvolvemento das enerxías renovables, este equipo traballou nun novidoso sistema de integración dos dous tipos de enerxías solares existentes: a térmica e a fotovoltaica. Como resultado, presentan unha instalación de panel termo+foto-voltaica que é capaz de captar a enerxía térmica do Sol e ao mesmo tempo producir enerxía eléctrica mediante células fotovoltaicas.
Centro: CPR Divino Maestro (Ourense).
Equipo: Diana Pérez Velón e Clemente Gómez Feijoó –estudantes- e José Florencio Pérez Campos –profesor-).

Deseño e confección dunha mochila ergonómica
Un problema constante na vida cotiá dos estudantes é a excesiva carga que se ven obrigados a desprazar dende as súas casas aos centros de ensino. Tendo en conta as características anatómicas do corpo humano e as principais enfermidades orixinadas polo problema, o equipo deseñou un modelo de mochila ergonómico.
Centro: Colexio Guillelme Brown. Pereiro de Aguiar.
Equipo: Álex García Tellado e Antonio Cañizo Outeiriño –estudantes- e Ana María Otero Vázquez –profesora-).

Programa os teus propios xogos para Nintendo DS
O equipo creou un programa para Nintendo DS que permite escribir e dibuxar nela. A aplicación foi presentada ao concurso de programacion Scenery Beta (no que quedou en bo lugar, aínda que sen obter premio). Quen pase polo stand poderá sacar en limpo
que calquera pode crear un xogo o unha aplicacion para a videoconsola e unha idea de como comezar.
Centro: IES Porta da Auga (Ribadeo, Lugo).
Equipo: Pablo Ramos Muras e Álvaro Gregorio Gómez –estudantes- Antonio Gregorio Montes –profesor-.

Handtracking v2.0. Sistema de interface humana
Handtracking v2.0 é un conxunto de sensores que, funcionando de forma coordinada, permiten o control de sistemas informáticos mediante movementos do corpo. O seu uso é compatible con xogos, deseño e modelado 3D e tamén mellora a accesibilidade xa que está especialmente indicado para personas con discapacidade física.
Centro: IES Rosalía de Castro (Santiago de Compostela, A Coruña).
Equipo: Pablo Dobarro Peña e Alberto Rama Fernández –estudantes- e Constantino Álvarez –profesor-.

Roda de dobre cámara con reflectantes catadióptricos
O equipo deseñou unha roda de dobre cámara para automóbiles que mellora a estabilidade e o mellor agarre en estradas molladas, xa que ten a canle de evacuación de auga moito máis ancha que unha roda corrente. Ademais, incorpora unha serie de reflectantes catadióptricos que aumentan a visibilidade do vehículo en condicións meteorolóxicas adversas.
Centro: IES Xoán Montes (Lugo).
Equipo: Cristóbal Pablo Vega Rojas –estudante- Gerardo Baamonde Mulet –profesor-.

Sistema de aforro de auga
O equipo constatou que desde que se abre a billa ata que sae a auga quente transcorren unha media de 45 segundos e desenvolveron un sistema que permite o aproveitamento do chorro de auga fría que normalmente se deixar correr ata obter a
temperatura desexada.
Centro: Colexio Guillelme Brown. Pereiro de Aguiar.
Equipo: Rodrigo Barreiro Regueiro –estudante- e Carlos Pérez Freire –profesor-).

Non te manches co xeado derretido
¿Quen non se manchou algunha vez comendo un xeado? O equipo deseñou e fabricou un prototipo de soporte protector para os xeados que evitan este problema tan engorroso.
Centro: CPI Virxe Saleta (San Cristovo de Cea, Ourense)
Equipo: Lucía Álvarez Feijoo e Lorena Dacoba Conde –estudantes- e Maite López Losada –profesora-).

Paneis solares de células orientadas
Coa finalidade de conseguir o máximo aproveitamento da enerxía solar fotovoltaica captada polos paneis integrados arquitectonicamente nos edificios, deseñáronse unhas novas células fotovoltaicas de forma piramidal que aumentan o rendemento en instalacións fixas.
Centro: IES Xoán Montes. Lugo.
Equipo: Andrés Armesto Cortiña –estudante- e Gerardo Baamonde Mulet –profesor-.

¿Paga a pena mercar perfumes caros?
O equipo quixo establecer conclusións sobre a relación entre o prezo e a calidade dos perfumes, un produto que presenta uns custos moi heteroxéneos para o consumidor. ¿Merece a pena realmente mercar os máis caros? A investigación analizou distintos perfumes de gamas diversas para establecer conclusións sobre a relación calidadeprezo en base ó contido en alcol, aceites aromáticos, etc.
Centro: CPI Virxe Saleta (San Cristovo de Cea, Ourense)
Equipo: Lucía González Rodríguez e Beatriz Álvarez Bouzo –estudantes- e Concepción Casas González –profesora-).

A fin do Universo
¿Acadará o Universo o equilibrio?,¿seguirá en continua expansión ou extinguirase? Neste proxecto establécense unha serie de conclusións baseadas no estudo de diversas teorías que explican a evolución do Universo.
Centro: CPR Divino Maestro. Ourense.
Equipo: Yago Taboada Alberte e Carmen María Iglesias Rodríguez –estudantes- e Mª Salomé Vilachá Fernández –profesora-).

Invernadoiro sustentable
O equipo deseñou un invernadoiro cun sistema de regadío automatizado que aforra e recicla a auga da choiva, ademais de dispor dun sensor de humidade e placas solares. No stand da feira mostrarán o sistema mediante unha maqueta.
Centro: CPI Virxe da Saleta. Cea.
Equipo: Tristán Failde Fernández –estudante- e Mª Teresa López Losada –profesora-).

¿Con que papel crecen máis rápido as plantas?
Neste proxecto investigouse se o papel descomposto axuda ao crecemento das plantas. Unha vez comprobado, o equipo utilizou distintos tipos de papel e observou cal funciona mellor. Fabricando unha especie de compost co papel fixeron crecer fabas.
Centro: Colexio Guillelme Brown. Pereiro de Aguiar.
Equipo: Fernando de la Torre Cuevas e Roque Bouzo Berjano –estudantes- e Ana María Otero Vázquez –profesora-).

Influencia da música sobre o crecemento das lentellas
Diante da cuestión de se a música podería influír no crecemento das legumes, tomando como referencia as lentellas, o equipo decidiu someter a planta a diferentes estilos de música (clásica e de aventuras) e tamén analizou o seu crecemento en ausencia de música. A conclusión que obtiveron foi que a música de Beethoven é especialmente propicia para o rápido crecemento das lentellas.
Centro: CPI Virxe da Saleta. Cea.
Equipo: Aldara Castro Ogando e Diego Rodríguez Arias –estudantes- e Concepción Casas González –profesora-).

Deseño dun novo motor eléctrico con maior rendemento
O equipo propúxose deseñar un novo tipo de motor eléctrico dotado dunha bobina modificada, á que se lle incrementou o número de espiras para tratar de aumentar o seu rendemento partindo da mesma cantidade de enerxía consumida.
Centro: Escola Balaguer (Hospitalet de Llobregat, Barcelona).
Equipo: Noelia Barrero Chalco e Adrián Braojos Parra –estudantes- e Gonzalo Portero –profesor-).

SOMC (Sistema operativo con programas portables)
O equipo desenvolveu un sistema operativo para ordenador que permite utilizar os programas sen necesidade de instalalos, o que permite aforrar capacidade de memoria no equipo. O propio sistema operativo está deseñado para ser portable, de maneira que mesmo se poida levar nun DVD ou nun USB para usar en calquera equipo.
Centro: IES Rosalía de Castro. Santiago.
Equipo: Anxo Carreira Casais e David Mosquera Lois –estudantes- e Constantino Álvarez –profesor-).

Análise do iogur e do kéfir
¿Ata que punto son realmente beneficiosos os alimentos probióticos? Ante as dúbidas que ofrecen as mensaxes publicitarias ligadas a algúns dos produtos lácteos á venda nos supermercados, o equipo realizou un estudo do que se derivan conclusións moi
interesantes para o consumidor.
Centro: La Anunciata Ikastetxea (Guipuzkoa).
(Equipo: Endika Arquero Ugarte e Maria Mediavilla Iglesias –estudantes- e Juan Carlos Lizarazu Hernando –profesor-).

Esterilización de microorganismos mediante luz UV
Traballando cos métodos de esterilización a través de raios de luz UV avaliouse a resistencia a este tipo de radiación de diversos xéneros de microorganismos (Staphylococcus, Streptococcus, etc.). A partir desta análise, deseñouse unha cuba para a industria láctea con capacidade para a esterilización ecolóxica a través da captación de luz solar.
Centro: Colexio Guillelme Brown. Pereiro de Aguiar
Equipo: Beatriz López Gómez e Inés Richmond-Hope Castro –estudantes- e David Ballesteros –profesor-).

Ponte levadiza eléctrica
O equipo estudou a orixe e a evolución histórica da idea das pontes levadizas, deseñadas para combinar a circulación de vehículos por estrada co paso de barcos de grande altura. Facendo uso de diversos compoñentes electrónicos creouse unha vistosa representación en miniatura.
Centro: CPR Santa Teresa de Jesús (Ourense).
Equipo: Natalia Rodríguez Santás e Alba Quintairos Casal –estudantes- e Luís Miguel –profesor-).

É certo que o bater das ás dunha bolboreta podería provocar un furacán?
A investigación baseouse na comprobación da denominada Teoría do Caos. Mediante a busca de información e logo de realizar un experimento baseado no comportamento de varios obxectos, o equipo chegou á conclusión de que detrás do ‘efecto bolboreta’ hai un fundamento de física que o avala, xa que existen factores impredecibles que fan que non sempre se cumpra o efecto causa-efecto.
Centro: Escola Bertran (Sabadell, Barcelona).
Equipo: Cristina Gallardo e Noelia Méndez –estudantes- e Gonzalo Portero Garcés – profesor-).

Xogando coa electricidade
Coa finalidade de poñer de manifesto algúns fenómenos electrostáticos por medio do xerador de Van der Graaf e a lámpada de plasma, o equipo deseñou varias experiencias divertidas e moi visuais, como facer danzar uns bonecos mediante cargas eléctricas.
Centro: IES Alfredo Brañas (Carballo, A Coruña).
Equipo: Olalla García Veiga e Oliver Castro Souto –estudantes- e José Carlos Álvarez Flórez –profesor-).

Xeo máxico
Co obxectivo de innovar na docencia práctica das ciencias, o equipo levará a cabo unha exposición didáctica a través de experimentos baseados nas propiedades ácidobase da materia. Mediante demostracións moi atractivas e vistosas grazas ao emprego de xeo carbónico, os estudantes explicarán estas propiedades ao público.
Centro: IES Alfredo Brañas. Carballo.
Equipo: Uxía García Jimenez e Manuel Viaño Varela –estudantes- e José María de la Viña Varela –profesor-).

Lapas de cores
A espectroscopía pon de manifesto que os orbitais dos átomos teñen características que nos permiten diferenciar de que tipo son. Mediante a combustión de algodóns empapados con combustible e unha serie de sales distintos, demóstrase a pegada dactilar de cada átomo, visible a través do xurdimento de lapas de distintas cores.
Centro: IES Alfredo Brañas. Carballo.
Equipo: Pablo Cancela Pazos e Alejandro Naya Trigo –estudantes- e José Carlos Álvarez Flórez –profesor-).

A maxia do magnetismo
O comportamento dos campos magnéticos explícase coa Lei de Lenz e as correntes de Foucault. O equipo deseñou unha exposición pedagóxica na que se amosan os comportamentos de distintos materiais condutores non magnéticos a través dunha corrente inducida.
Centro: IES Alfredo Brañas. Carballo.
Equipo: Mª Isabel Rodríguez Mancebo e Marcos Loureiro García –estudantes- e Manuel Jesús Vázquez Pallas –profesor-).

Os silos, un bo sistema para almacenar cereais na Idade dos Metais
Motivados polo interese acerca da conservación dos cereais na Idade dos Metais, o equipo escavou un silo no patio do seu centro. Mantiveron os cereais no silo todo o inverno, ao mesmo tempo que ensaiaban con outras técnicas de conservación (saco de arpilleira, vasilla de cerámica e caixa de madeira), o que lles permitiu constatar a gran utilidade do silo.
Centro: IES El Cairat (Esparreguera, Barcelona).
Equipo: Alicia Medina Morales e Cristina Morales Miras –estudantes- e Carme Piqué Hernández –profesora-).

A lateralidade dos humanos
O equipo presenta un estudo sobre as posibles causas e a prevalencia do uso preferente da man dereita e a esquerda nos humanos dependendo dos individuos. Partindo de enquisas enviadas a distintos centros de ensino, que continuarán durante a Galiciencia entre os seus visitantes, os investigadores pretenden ampliar as súas conclusións preliminares.
Centro: IES Porta da Auga (Ribadeo, Lugo).
Equipo: Tania García Martínez e Ana Uría Moreda –estudantes- e Antonio Gregorio Montes –profesor-.

¿Que idea temos sobre as persoas que se adican ás Matemáticas? Análise comparativo da percepción sobre os personaxes do cine.
O estudo realizado para este proxecto trata de comprobar a existencia dos estereotipos creados arredor da figura dos profesionais das matemáticas, fixándose en personaxes de películas e mediante a análise das percepcións que xeran nos
espectadores.
Centro: IES Juan Manuel Zafra (Barcelona).
Equipo: Jordana Calvo Arroyo e Ariadna de Diego –estudantes- e María del Pilar Menoyo Díaz –profesora-.

Os conceptos matemáticos para clasificar as películas en aptas ou non aptas para alumnos da ESO
¿Que visión das matemáticas nos mostran nas películas?, ¿son fieis os teoremas que se mostran á realidade?, ¿que nivel de coñecementos hai que ter para seguir estes filmes? Éste é o punto de partida da investigación, que se fixa en determinar se as películas analizadas son aptas ou non para estudantes da ESO.
Centro: IES Juan Manuel Zafra (Barcelona).
Equipo: Sergi Albert Ballestar –estudante- e María del Pilar Menoyo Díaz –profesora-.

O xardín purificador
O proxecto consiste no deseño dun xardín que permita reutilizar as augas residuais que se producen nunha urbanización ou nunha vivenda unifamiliar a través da fitodepuración. Para logralo, os investigadores seleccionaron unha serie de plantas con capacidade para filtrar os contaminantes que normalmente portan estas augas, converténdoas en aptas para o regadío de cultivos ou campos de golf.
Centro: Nuestra Señora de Montserrat (Barcelona).
Equipo: Laura Pedrero Vela e Soraya Hernández Llamas –estudantes- e Marta Miravet Marimon –profesora-.

Cargador de CD’s para a torre do ordenador
O proxecto consiste na inserción dun cargador de CD’s a unha torre de ordendador, algo parecido ao mecanismo que empregan algúns coches. O cargador sitúase na parte onde se colocan normalmente os lectores de CD/DVD e inclúe un total de seis lectores. O invento permitiría un mellor aproveitamento das bahías frontais da CPU, xa que na maoiría dos casos quedan desaproveitadas.
Centro: IES Universidade Laboral (Ourense).
Equipo: Nicolás Vila Blanco, Daniel Prieto Cacheiro, Pablo Sánches Nóvoa e Joe Tesouro Abadín –estudantes- e Emilio Rodríguez Portabales –profesor-.

Comportamento dos gases nos refrescos
¿É posible axitar un refresco e que non saia o gas por fóra? O equipo realizou distintos ensaios científicos dirixidos a investigar o comportamento dos gases neste tipo de bebidas actuando sobre distintos refrescos e sobre os envases desde diferentes puntos.
Centro: CPI Virxe Saleta (San Cristovo de Cea, Ourense).
Equipo: José Manuel Garriga Batán e Ángel Otero Castro –estudantes- e Concepción Casas González –profesora-).

O tabaco, un inimigo ‘descoñecido’
A investigación destes estudantes baséase nas diferentes substancias químicas que contén o tabaco. Como complemento tamén fixeron diversas sondaxes en canto aos costumes que caracterizan o hábito de fumar.
Centro: CPI Virxe Saleta (San Cristovo de Cea, Ourense).
Equipo: Lorena Vázquez Álvare, Cristina Bernárdez Dacuña –estudantes- e María Teresa López Losada –profesora-).

A vida no Polo Sur
Movidos polo interese da vida no Polo Sur, o equipo simulou unha expedición a esta área case inhabitada da Terra para profundizar no seu estudo. ¿Que comen?, ¿a que temperaturas se enfrontan?, ¿con que animales se convive?...
Centro: CPR Compañía de María (Ferrol, A Coruña).
Equipo: Clara Dopico Espada e Lucía Dopico Tellado –estudantes- e Belén Mouriño Carballido –profesora-.

A Ría de Ferrol
As investigadoras deste equipo, movidas pola curiosidade histórica cara a súa comarca, levaron a cabo un estudo sobre os acontecementos, anécdotas e detalles curiosos relacionados coa construción dos castelos cos que tempo atrás os habitantes da Ría de Ferrol trataron de protexerse.
Centro: CPR Compañía de María (Ferrol, A Coruña).
Equipo: Eva Dopico Tellado e Erika Falcón Guatimi –estudantes- e Belén Mouriño – profesora-.

No meu mar, na miña lingua
Trátase dunha investigación terminolóxica relativa ás embarcacións tradicionais, de vela, de remo de banco fixo, tipos de piraguas e barcos de batea. O equipo realizou un tratamento do léxico en soporte tradicional e en formato dixital.
Centro: IES Félix Muriel (Rianxo, A Coruña).
Equipo: Esther Domínguez Alcalde e Clara Suárez Somoza –estudantes- Valentina Formoso Gosende –profesora-.

Algún proxecto en detalle

Estudo sobre a lateralidade (pdf)
DSnote, un programa con PALib (pdf)
20091127_Galiciencia_Esterilización_de_microorganismos_mediante_radiación_UV_0001.jpg20091127_Galiciencia_Esterilización_de_microorganismos_mediante_radiación_UV_0002.jpg
20091127_Galiciencia_crecemento_plantas_papel_0001.jpg
20091127_Galiciencia_crecemento_plantas_papel_0002.jpg
20091127_Galiciencia_Maqueta_de_instalación_termo-fotovoltaica_0001.jpg
20091127_Galiciencia_Maqueta_de_instalación_termo-fotovoltaica_0002.jpg

Folleto de animación

Galiciencia_2009_anverso_galego.jpg
Galiciencia_2009_reverso_galego.jpg

Distribución stands

Galiciencia_2009_distribucion_stand.jpg

NORMAS DE PARTICIPACIÓN

1. Requisitos
A selección dos proxectos farase seguindo estritamente estas bases e tendo en conta os seguintes criterios:
1. Excluirase calquera proxecto que non cumpra as condicións indicadas nestas normas.
2. Se hai varios proxectos dun mesmo centro poderase escoller os mellores dos presentados dese centro dando oportunidade de participación a outros centros.
3. Existe posibilidade de que algún proxecto permaneza en reserva que será cuberta por posibles baixas doutros proxectos.
4. Calquera traballo presentado á Galiciencia terá unha extensión que non pode ser superior a tres páxinas que inclúe o título e as posibles fotos, ilustracións, táboas, debuxos... adxuntas. O esquema que se debe seguir (que se explica máis adiante) é o seguinte:
- Título do proxecto
- Nome, enderezo e contacto do colexio
- Participantes (1 titor e dous alumnos):
o Nome
o Curso
o Teléfono
o DNI
- Resumo (máximo 6 liñas)
- Descrición
- Outros (fotos, bibliografía.)
- Requisitos ou especificacións de necesidades en stand (luz, internet...)

2. Información a entregar
2.1. Formato
As especificacións do formato para os dous documentos son as seguintes:
Tipo letra: Arial, 11
Interliñado: 1,5
Xustificado
Título do traballo: centrado, letra normal, maiúscula e negra.
Nome, enderezo e contacto do centro: centrado, letra normal e minúscula, salvo as obrigadas no inicio de palabra que sexa nome propio.
Nomes, teléfonos, curso e DNI dos autores: centrados, letra normal e maiúscula. Se son máis de dous, separados por comas salvo os dous últimos que estarán separados pola palabra "e".
Títulos dos apartados: letra normal, maiúscula e negra.
Exposición dos diferentes apartados: letra normal e minúscula.
Táboas: numeradas e sen colores. Se é necesario destacar partes, utilizarase raiados, puntos, ou escalas de grises. Se teñen título, ha de colocarse na parte superior con letra normal, minúscula e negra.
Figuras: En branco e negro. Numeradas. Se ten pé, con letra normal, minúscula e negra.
Bibliografía: Ha de estar ordenada por orde alfabética do primeiro apelido do autor.
2.2. Título do traballo
Titulo do proxecto:
Ha de ser suficientemente descritivo do contido do traballo. Aínda que se elixise unha marca ou un nome para o produto, servizo ou proxecto en cuestión, este ha de ir acompañado dunha frase que o desenvolva, de maneira que quede claro cal é o contido do traballo en poucas palabras.
2.3. Resumo (memoria) do traballo
O resumo do traballo recollerá os aspectos máis relevantes dos diferentes apartados da descrición do traballo. Non terá puntos e aparte.
2.4. Descrición do traballo
A. TRABALLOS EXPERIMENTAIS OU CASE EXPERIMENTAIS (DE CAMPO): (PODEN SER INVESTIGACIÓNS REFERIDAS AO ÁMBITO DE CIENCIAS EXPERIMENTAIS, SOCIAIS OU HUMANÍSTICAS, AO DE LINGUAS, AO DE ECONOMÍA, AO DE MATEMÁTICAS, AO DE DIDÁCTICA, AO DE PSICOLOXIA... HABITUALMENTE IMPLICAN UN DESEÑO QUE PERMITA DETERMINAR UNHA RELACIÓN CAUSA-EFECTO, OU A ELABORACIÓN DE ESTUDOS ESTATÍSTICOS MEDIANTE ENQUISAS OU OUTROS MEDIOS SIMILARES):
1. INTRODUCIÓN. Breve recordatorio do tema en estudo (coas citas adecuadas) xustificando o seu interese e expoñendo os seus obxectivos.
2. HIPÓTESE. Mediante esta prevese o posible resultado da investigación.
3. FUNDAMENTOS TEÓRICOS. (OPCIONAL). Breve descrición do marco teórico relacionado co tema en estudo, necesaria para xustificar algunha das actuacións realizadas no traballo. Tamén se pode incluír o estado da cuestión, é dicir, o que se pode encontrar na bibliografía referida ao tema. Ha de constituír o punto de partida da investigación o cal será mellorado, ampliado ou reformado mediante os resultados da investigación.
4. MATERIAL E MÉTODOS. Ha de describir o proceso seguido para levar a cabo a investigación. É necesario que sexa suficientemente detallado pero sen caer en obviedades.
5. RESULTADOS. Ha de expoñer os datos obtidos mediante táboas e gráficas e/ou figuras. É necesario achegar a súa interpretación e análise.
6. CONCLUSIÓNS. Xeneralizacións que se poden realizar en base aos resultados obtidos. Enunciado dos novos coñecementos derivados do traballo unha vez contrastados coa literatura existente sobre o tema.
7. BIBLIOGRAFÍA. É necesario que siga as indicacións efectuadas ao apartado FORMATO.
B. TRABALLOS DOCUMENTAIS: (PODEN SER INVESTIGACIÓNS ONDE SE ESTUDA UN FEITO HISTÒRICO, UN PERSONAXE OU UNHA SITUACIÓN AÍNDA NON ESTUDADA OU NON SUFICIENTEMENTE DOCUMENTADA. NORMALMENTE REFÍRENSE AOS ÁMBITOS DAS CIENCIAS SOCIAIS OU HUMANÍSTICAS)
1. INTRODUCIÓN. Breve recordatorio do tema en estudo (coas citas adecuadas) xustificando o seu interese e expoñendo os seus obxectivos.
2. PROPÓSITO DO TRABALLO. É necesario detallar a finalidade do traballo: que situación se quere documentar, que feitos se queren investigar, que biografía se quere desenvolver...
3. FUNDAMENTOS TEÒRICOS. (OPCIONAL). Breve descrición do marco teórico relacionado co tema en estudo, necesaria para xustificar algunha das actuacións realizadas no traballo. Tamén se pode incluír o estado da cuestión, é dicir, o que se pode encontrar na bibliografía referida ao tema. Ha de constituír o punto de partida da investigación e será mellorado, ampliado ou reformado mediante os resultados da investigación.
4. FONTES DOCUMENTAIS UTILIZADAS. É necesario indicar de forma detallada os arquivos, hemerotecas, fontes orais, fotografías utilizadas así como posibles visitas a lugares singulares ...
5. RESULTADOS. Descrición/exposición sistematizada dos achados realizados.
6. CONCLUSIÓNS. Xeneralizacións que se poden realizar en base aos resultados obtidos. Enunciado dos novos coñecementos derivados do traballo unha vez contrastados coa literatura existente sobre o tema. Pode ser unha redacción-descrición documentada dos feitos, situacións, fenómenos ...
7. BIBLIOGRAFIA. É necesario que siga as indicacións efectuadas no apartado FORMATO.
C. PROXECTOS TECNOLÓXICOS, DE DESEÑO (ELABORACIÓN) DE NOVOS MATERIAIS, OBXECTOS TECNOLÓXICOS E/OU TRABALLOS DE APLICACIÓN DE CONCEPTOS PARA A RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS CONCRETOS: (ENTÉNDESE POR OBXECTO TECNOLÓXICO CALQUERA CREACIÓN DESTINADA A SATISFACER ALGUNHA NECESIDADE DA SOCIEDADE OU DUNHA PARTE CONCRETA DELA: MÁQUINAS, PROTOCOLOS, INSTRUMENTOS, XOGOS, MATERIAIS DIDÁCTICOS...)
1. INTRODUCIÓN. Breve recordatorio do tema en estudo (coas citas adecuadas) xustificando o seu interese e expoñendo os seus obxectivos.
2. DESEÑO E RESULTADOS DOS ENSAIOS E PROBAS PREVIAS. É necesario detallar tanto o deseño inicial como os resultados obtidos.
3. PRESUPOSTO. Só é necesario incluílo se se necesita adquirir material específico: maquinaria, instrumentos... Non é necesario incluír todo aquel material que resulta de uso común: papel, follas, material para escribir...Ha de ser o máis real e detallado posible. Se se usa material reciclado é obrigatorio indicar o seu prezo novo.
4. OBXECTO TECNOLÓXICO. Montaxe-modelo-maqueta-... definitivo. Pídese a inclusión de planos, fotos...
5. CUMPRIMENTO DE NORMATIVAS LEGAIS (OPCIONAL). É necesario como mínimo citar o nome ou títulos da regulamentación relacionada.
6. DETERMINACIÓN DAS CARACTERÍSTICAS DO OBXECTO TECNOLÓXICO. É necesario indicar o proceso seguido para valorar o obxecto tecnolóxico obtido.
7. VERIFICACIÓN DA ADECUACIÓN DAS CARACTERÍSTICAS DO OBXECTO TECNOLÓXICO Á FUNCIÓN PREVISTA. É necesario relacionar as probas ás que se someteu o obxecto tecnolóxico para avaliar a súa utilidade e adecuación á función á que se quere aplicar.
8. BIBLIOGRAFIA. É necesario que siga as indicacións efectuadas no apartado FORMATO.

3. Espazos e actividades
A cada proxecto asignarase un stand 2x1 cun mostrador e unha cadeira.
Os alumnos e titor serán os responsables da decoración do stand que se lle asigne ás horas previstas pola organización.
As viaxes, aloxamentos, actividades e comidas serán propostos por Tecnópole sendo imprescindible confirmación por parte do colexio participante pero en caso de detectarse problemas coa organización destes aspectos Tecnópole resérvase o dereito de excluír o proxecto implicado.
A distribución das habitacións no hotel será realizada por Tecnópole co fin de fomentar as relacións entre alumnos-alumnos e profesores-profesores, intercambio de coñecemento, de experiencias, etc. e tratando de seguir os criterios legais de non ter na mesma habitación alumnos/as con profesores/as, nin alumnos con alumnas para evitar problemas.
Tecnópole encargarase de realizar unha planificación de actividades fóra do horario de Galiciencia, opcionais, pero non será responsable, en ningún caso, nin de actos nin de posibles accidentes dos alumnos/as..., que nelas participen dos cales será responsable o titor/a dos alumnos/as.

4. Modo de envío de proxectos
A documentación debe ser enviada ao enderezo: [[1]] en formato word antes do 25 de outubro do 2009 ou a través do formulario que está na web.

5. Prazos de selección de proxectos
A selección de proxectos participantes realizarase os días 3 e 4 de novembro de 2009.
As viaxes serán organizadas nos 15 días posteriores á notificación da selección do proxecto.

Fotos

[2]
[3]

Programa de participante

(Atención: foi borrada información diversa)
Galiciencia_2009_distribución_horaria_participantes.jpg

Título de participante

Galiciencia_2009_título_participación.jpg

Algún material

Marcapáxinas de agasallo no estudo 'Beethoven e as lentellas':20091127_Galiciencia_Beethoven_e_as_lentellas.jpg
Folleto antitabaco:20091127_Galiciencia_antitabaco.jpg

Agunha referencia en prensa

En infoxove (nº 58, p.9


Vídeos

 En Telemiño

Retorno a Galiciencia

Nota sobre imaxes: premendo co botón dereito do rato sobre elas, e escollendo abrir nuna nova fiestra, en xeral poderán verse aumentadas de tamaño.
Esta páxina sobre Feiras de Ciencia en wikispaces foi editada 17 veces. A derradeira modificación ata o momento tivo lugar na data Mar 10, 2015 3:25 am.