Escolas Proval

From As feiras de ciencia na Galiza
Jump to: navigation, search
O IES Escolas Proval de Nigrán desenvolve unha labor de difusión que abrangue varios xeitos de extensión científica. As as Feiras de ciencia / Semana das ciencias (ver trípticos) comezaron baixo o paraugas de HSci, e están apoiadas polos tres concellos do Val Miñor. O IES, ademáis, está na rede do INEGA, ten na rede unha estación meteorolóxica, ... A iniciativa recibiu o premio á innovación educativa de 1500€, correspondente á 'Ciencias nas mans. Semana das ciencias 2005'

Ciencia nas Mans 2005

Coincidindo coa celebración dos centenarios do Annus Mirabilis de Albert Einstein e da fundación da asociación filantrópica Unión Hispano Americana do Val Miñor, do 29 de marzo ó 1 de abril o I.E.S. Escolas Proval de Nigrán, acolleu a exposición interactiva de actividades e experiencias manipulativas “Ciencia nas Mans”, desenvolta no salón de actos do IES, en forma de exposición interactiva de módulos científicos facilmente interpretables e manipulables construídos, a maioría deles, con materiais sinxelos de doado acceso.
Foi organizada por os departamentos de Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía do propio instituto contando co apoio da rede científica “Hands on Science” do programa Sócrates/Comenius da Unión Europea coordinado polo Departamento de Física Aplicada na ETSE de Minas da Universidade de Vigo e colaborando o Instituto de Estudos Miñoranos e as Concellerías de Educación dos Concellos de Nigrán, Gondomar e Baiona.
"Ciencia nas Mans" reuniu diversos elementos interpretativos e didácticos deseñados especificamente, xirando ao redor dunha montaxe de media centena de actividades cos correspondentes paneis autoexplicativos, co obxectivo de espertar o interese cara á ciencia e conectala coa realidade, facendo ver que moitos feitos cotiáns pódense explicar con ideas científicas sinxelas. Para a participación na actividade, os grupos de alumnos convidados dispuxeron da monitoraxe realizada por alumnos voluntarios do I.E.S. Escolas Proval (4º ESO e 1º Bac), que apoiaron tarefas de apoio ao desenvolvemento da actividade durante a visita, guía e explicación.
Escolas_Proval_1.png
Escolas_Proval_2.png
A cartelería dos módulos estivo normalizada, segundo o modelo seguinte (collido das ligazóns antes expostas):
cal-chega-antes.jpg
cal_chega_antes_c.jpg
cal_chega_antes_b.JPG

Ciencia nas mans 2006

Co mesmo deseño do ano anterior (mesmo na cartelería, como pode compararse) téñense realizado outras edicións. A do 2006 foi realizada do 18 ó 21 de abril. O tema elixido deste ano foi “Enerxía nas mans”. No mesmo horario de recepción de alumnos doutras escolas, púiose visitar polo público en xeral.
HSci_Proval_2006_cartel.png
Escolas_Proval_2006.jpg
Escolas_Proval_2006_b.jpg

Semana das ciencias 2007

Hands on science/Semana das Ciencias 2007: Exposición interactiva realizada con 40 módulos experimentais de Física, Química, Enerxías Renovables e Matemáticas. (En realidade, co proxecto HSci xa finalizado)

Semana das Ciencias 2008

HSci_Proval_cartel_sc_2008.jpgHSci_Proval_caderno_sc_2008.jpg
Celebrada do 25 ó 31 de marzo, deu lugar á publicación de dous cadernos, 1 e 2 que serven de orientación sobre o seu desenvolvemento.

Semana das Ciencias 2009

IES_Escolas_Proval_semana_ciencia_2009.jpg
Celebrada no mes de abril, despois da Semana Santa, baixo a relación dos dous cadernos, 1 e 2 que serviron de orientación sobre o seu desenvolvemento.

Outros

O IES mantén contactos para outras actividades, por exemplo coa Asociación Naturalista do Baixo Miño, tendo participado en exposicións como a Galiciencia 2009


Bibliografía

Páxina web de referencia en HSci
[1]
[2]


Nota sobre imaxes: premendo co botón dereito do rato sobre elas, e escollendo abrir nuna nova fiestra, en xeral poderán verse aumentadas de tamaño.
Esta páxina sobre Feiras de Ciencia en wikispaces foi editada 17 veces. A derradeira modificación ata o momento tivo lugar na data Mar 10, 2015 3:25 am.