Efectos sobre o centro

From As feiras de ciencia na Galiza
Jump to: navigation, search
-Efectos sobre o centro-


Débense distinguir entre os efectos educativos e formativos que se producen por unha actividade como a feria de ciencia e outro tipo de efectos, que serán principalmente relacionados co centro.

Efectos didácticos

  • En relación á didáctica, o unha feira implica un complemento de estudo nos temas tratados, pero tamén un achegamento á investigación dun ou outro tipo, e unha interiorización da ciencia, das súas ideas/conceptos e os seus métodos, un aproveitamento da zona de desenvolvemento próximo de cada alumno ou alumna que se pon a desenvoltar un proxecto, ... sen esquecer que o mesmo método de proxectos implica un desenvolvemento da voluntade e das costumes que implican os célebres e incomprendidos en xeral 'contidos actitudinais'

Outros

A parte dos efectos puramente didácticos e educativos, poden distinguirse varios outros:

  • En relación co centro educativo, facer visible a existencia do centro na comunidade. A parte de mover ós alumnos e con eles a familia, a difusión dun evento deste tipo nos medios de comunicación permite un maior achegamento social ó centro e ás propias actividades da feira ou a outras calesqueira que se programen no mesmo. É un factor importante hoxe en día no que unha sobreoferta de chamadas de atención fan máis visibles grandes eventos que sucedan nas antípodas que moitos pequenos eventos dos que a xente se pode aproveitar direitamente por suceder á beira das súas casas.

Achegar ós pais e familia (e entorno en xeral) dos alumnos á labor que fan estes, e polo tanto, dalgún xeito non só a un mellor coñecemento interno na propia familia e aumento das relacións, senón tamén á súa educación.

Posibilitar o cambio da monotonía de curso tras curso por un desenvolvemento que racha cos esquemas inmovilistas por uns días, facilitando así a renovación do xeito de facer as cousas no centro. Neste sentido a feira require un esforzo continuado, pero é tamén un revulsivo que mantén fértiles educativamente as relacións no interior do centro.

En ambos casos, tanto en didáctica e a nivel particular (profesores e alumnos) como a nivel de centro educativo, significa ter un incentivo superior para desenvoltar mellor a formación, ó tempo que se maximiza a información dispoñible (tamén sobre as materias impartidas e sobre o propio centro escolar), e representa unha oportunidade de relacionarse e intercambiar pareceres, abrindo a mentalidade formativa de profesores e alumnos así como o intercambio de métodos de traballo e organizativos facilita ese intercambio a nivel de centro. Poderíase falar tamén en ambos niveis de que evita a 'corrupción' que significa o asentamento de actitudes e modos de facer as cousas nos centros educativos, sen aspiracións de mellora a partir dun certo nivel, así como difumina o poder ficticio que da nos centros educativos a algún profesor o ter unha certa exclusividade de coñecemento que reparte administrándoo para que ese poder non decaia.


Volta á Portada.


Nota sobre imaxes: premendo co botón dereito do rato sobre elas, e escollendo abrir nuna nova fiestra, en xeral poderán verse aumentadas de tamaño.

Cambios recentes na wiki