Desenvolvemento básico

From As feiras de ciencia na Galiza
Jump to: navigation, search
-Desenvolvemento básico-


Pensando ao comezo

Alguén que se plantexe algunha vez poñerse a organizar unha feira de ciencia ou actividade semellante terá un feixe de posibilidades e de necesidades. A concienciación sobre unhas e outras é un primeiro paso, que se debe dar tendo presente a definición de obxectivos propostos, o que é fundamental. O parágrafo anterior implica unha aproximación con enfoque teórico e estruturado. De xeito alternativo, pódese comezar simplesmente a facer cousas e ir aprendendo ou chegar a unha idea previa (que se irá modificando segundo se vexa...). A longo prazo, calqueira dos dous enfoques, se se seguen de xeito sistemático, pode dar bos resultados, pero o segundo implicaría uns comezos que moi posiblemente derivarían nun desprestixio interno da feira dificultoso de variar con posterioridade. Así, en principio, para comezar por algures, é aconsellable un pouco de reflexión e procurar apoio nos compañeiros. Apoio porque en xeral, vaise necesitar, ademais de ser convinte cotexar puntos de vista, repartir o traballo para non quedar 'queimado' coa primeira edición, para animar ós alumnos e que vexan unha unidade de acción, ... E reflexión para ter as cousas claras antes de plantealo a ninguén, sexan os compañeiros ou os alumnos que van a desenvolver os proxectos. Cousas claras que inclúen o modelo de feira (vai ser con traballo de reproducción, de investigación, ... con traballos totalmente dirixidos ou só supervisados, con emprego de horas lectivas ou totalmente de xeito extraescolar, ...) ou os recursos que vai poder empregar no evento (tanto humanos como materiais, comezando co espazo no que se desenvolverá a feira) O anterior é o desenvolvemento básico que se trata de enfocar en particular no apartado 'Un pouco de teoría' e que se complementa cos moitos exemplos e posibles contactos que a historia das feiras en Galicia pon á nosa disposición.

Algunhas orientacións básicas


Volta á Portada.


Nota sobre imaxes: premendo co botón dereito do rato sobre elas, e escollendo abrir nuna nova fiestra, en xeral poderán verse aumentadas de tamaño.

Cambios recentes na wiki