Animación

From As feiras de ciencia na Galiza
Jump to: navigation, search
-Animación-


Necesidade

As feiras de ciencia representan unha estrutura que non se autoxenera. É dicir, é necesaria unha intención e unha acción. Ambas, saídas dunha persoa ou un grupo, pero sempre cunha certa compoñente de proselitismo, é dicir, de animación a máis xente (profesores e alumnos) para que participe.

Tempo

En principio pode tomarse o curso académico como unidade temporar para o desenvolvemento da feira e tamén das diferentes fases da animación. Pero eso é máis ben para veces sucesivas que se organice, non para a primeira vez. A animación para a primeira vez debe tomarse con máis tempo que un mero curso: é necesario poñer de acordo á dirección do centro no proxecto, a un grupo de profesores que o leven adiante, organizar as diferentes fases, facer comprender ós alumnos que é o que se pretende e desenvoltar a propia feira. É dicir, é necesario un mínimo de tempo para ter unha certa seguridade de que o que se fai vai ter unha perduración no tempo, vai ser unha primeira edición de moitas que virán despois.

É evidente que non é necesario tanto tempo para facer 'calquera cousa'. Pero tamén o é que dese xeito se está a cercenar tanto o aproveitamento propio do acto que se prepara como as posibilidades de futuro que poden desenvoltarse.

̺̣̪

Volta á Portada.


Nota sobre imaxes: premendo co botón dereito do rato sobre elas, e escollendo abrir nuna nova fiestra, en xeral poderán verse aumentadas de tamaño.

Cambios recentes na wiki