Agradecementos e dedicatoria

From As feiras de ciencia na Galiza
Jump to: navigation, search
-Agradecementos e dedicatoria-

Agradecementos e dedicatoria

Dedico esta obra ás persoas que tiveron que aguantar que lles adicara menos tempo para poder liberalo e facer o que tes diante de ti: a miña familia, Goyi, que elixiu aguantarme xa fai moitos anos; Inma, Al e Álvaro, que non o elixiron, pero tivérono (e téñeno) que soportar, e a Antonio, porque de estar eiquí tamén o tería que facer.

Agradezo a moita xente a posibilidade de escribir isto: eu só non podería acadar a ter a experiencia necesaria, por non dicir desenvolver o traballo tamén necesario, para facelo. Calquera que coñeza a Mª Jesús Besteiro Cabanas, participante cos seus alumnos en moitas feiras de ciencia de Ribadeo, ou a Teresa Díaz Estévez, que o fixo na grande maioría, pode corroboralo. E ós alumnos que fixeron e seguen a facer posible a celebración destas feiras de ciencia. De calquera xeito, se corto aquí ós citados non é porque non haxa máis, senón para ter a disculpa da falta de extensión para os previsibles esquecementos que tería entre a cantidade de xente á que me vería obrigado a citar. Vaian pois nos anteriores a representación de todos aqueles que non aparecen.


Volta á Portada.


Nota sobre imaxes: premendo co botón dereito do rato sobre elas, e escollendo abrir nuna nova fiestra, en xeral poderán verse aumentadas de tamaño.

Cambios recentes na wiki