O que se pode investigar

From As feiras de ciencia na Galiza
Jump to: navigation, search
[[O que se pode investigar|Galiza.png]]España.pngUnión_Jack.png


A base

Unha feira de ciencias ten unha base que é o desenvolvemento de proxectos. Os proxectos poden ser de moitos tipos, así de reproducción de experiencias, construción de modelos, estudos teóricos ou bibliográficos, investigacións científicas... Non están claros os límites entre uns e os outros, pero si que o está que as posibilidades de aproveitamento duns e outros para os estudantes varían segundo os niveis educativos cos que se pretende traballar, sendo a partir da ESO convinte a tendencia a promover as investigacións, sen esquecer a validez das outras propostas.

Analizando

Desafiaria a calquera a que me dixera un tema no que non se pode investigar. Os temas máis difíciles poden ter unha aproximación doada, un enfoque de divulgación, ou a reprodución dun aparello, unha toma de dados, etc. que os faga candidatos a pasar por unha feira de ciencias senón como proxecto de investigación noutra das categorías comentadas. Nese sentido, pode dicirse con causa que todo, tanto do noso entorno como de nós mesmos, pode ser investigado a un ou outro nivel nun proxecto de feira.
Para procurar un tema podemos comezar a mirar arredor noso, na cociña, no baño, na limpeza da casa, no centro educativo, e formular preguntas sobre os obxectos, as actividades, os usos, ... algo que pode ser animado polo profesor. É unha aproximación moito mellor que procurar unha experiencia xa realizada nalgún sitio de internet, que será en xeral máis doada de reproducir, pero menos didáctica e marcando algo que se pode encadrar nunha reprodución, construción de artefactos, ... pero non tanto un desenvolvemento mental, de conceptos e actitudes cara a investigación.
Así, que, por exemplo, pódese prantexar que ocupa máis, un quilo de cereixas ou un quilo de mazás. E, por que é ese o resultado?
Din que nunha cuestión, ben formulada, xa está implícita a resposta. De aí a importancia dunha boa formulación, adecuada ás posibilidades de quen vai tentar respondela. A pregunta anterior pode plantexarse a diferentes niveis, pero a cada un correspóndelle unha profundidade de resposta e unhas posibilidades diferentes. Polo tanto deberá matizarse para cada un deles. E así, xunto co prantexamento da cuestión tamén pode darse algunha axuda para comezar a respondela, algunha información orientativa que precise máis a resposta esperada ou que facilite o chegar a ela ou poña na pista das magnitudes que intervirán na investigación. As cuestións deben ser formuladas de xeito que non se preste a equívoco a resposta que se espera, ou, no caso máis aberto, para feirantes maiores, máis formados, deixando claro este abano de posibilidades a precisar, pero nunca se debe pensar que se sobreentenden cousas, é dicir, que na cuestión van implícitas unha serie de condicións que non nos preocupamos de explicitar: ese será o camiño para que non exista acordo inicial e os primeiros traballos sexan erróneos.
O comezo dos traballos marcará tamén a conciencia dos problemas técnicos que se deben solucionar antes do problema básico implícito na cuestión. Como se vai facer a representación gráfica? Que medidas debemos representar? Ou ben, referido á cuestión de que ocupa máis, que tipo de mazás imos usar? serve calquera? como imos medir o volume? dará igual o xeito no que o midamos?
É interesante facer o tipo de preguntas que comunican ideas para temas de investigación coa base de que a limitación para a investigación está en poder interactuar. E dicir, os obxectos que poden cambiar son investigables, e outros que cambian con moita dificultade, pero podemos medilos dalgún xeito, tamén. É dicir, é necesario algún tipo de control, de xeito preferible, medible numéricamente, para caracterizar a investigación como un acto científico.
As experiencias poden ser tan sinxelas como se queira. Así, a análise do funcionamento dun xoguete, feita por un neno de forma pensada, experimentando o seu comportamento en diferentes circunstancias, facendo variacións nas súas posibilidades, e tomando nota do que pasa, pode ser unha investigación científica a presentar nunha feira. Como di o lema de Inice, "Toda idea é válida, toda actividade posible", matizando sempre que a diferencia está no método, que é o que fai que os resultados sexan válidos ou non, incluíndo o chegar a unha expresión de resultados coas características de claridade, predicción e repetitividade usuais na ciencia. Así, son necesarios tanto unha colleita de dados como un tratamento dos mesmos e unhas conclusións. A presentación posterior, se se obvian estes pasos, será unha mera reproducción dun modelo ou algo artístico que pode ser benvido segundo o tipo de feira que se impulse, pero non científico.
Polo tanto, un tema pode ser calqueira cousa, remedando o título de Pierre Bordieu, 'Lección sobre a lección', o tema pode ser ata o mesmo tema, profundizando o que se está a facer aquí.

Para consultar

*Cap. II do 'Manual de feiras de Ciencia' (portugués)
*Como exemplos de preguntas motivadoras, as que se reproducen na convocatoria dos premios 'Luis Freire' de investigación científica para escolares.

Volta a Un pouco de teoría

Esta páxina sobre Feiras de Ciencia en wikispaces foi editada 17 veces. A derradeira modificación ata o momento tivo lugar na data Mar 10, 2015 3:25 am.