Día da ciencia na rúa
Contents
Introducción
Celebrouse en A Coruña, auspiciado pola Casa das Ciencias no seu sétimo aniversario, unha primeira actividade no Parque de Santa Margarida como un conxunto de actividades dirixidas en particular aos nenos, tentando que fixeran e se divertiran coa ciencia. Nese primeiro momento tivo o nome de 'Festa da ciencia' (Fiesta de la Ciencia, 1992)
Con posterioridade, no 1996, a Asociación de Amigos da Casa das Ciencias recolleu ese xerme e comezou a celebrar unha cita anual co nome de Día da Ciencia na Rúa (Día de la ciencia en la calle; a de 2008 é a primeir edición na que se ofrecen carteis con ambas rotulacións, sendo as anteriores edicións en castelán), actividade pioneira a nivel nacional neste tipo de desenvolvemento, imitada a partir do 2000 pola Comunidade de Madrid, co nome "Madrid pola Ciencia" (Madrid por la Ciencia) e logo por outras comunidades.
O Día da Ciencia na Rúa desenvólvese o primeiro sábado de maio (a excepción de que sexa ponte festiva, pasando nese caso ó segundo sábado) como acto lúdico, nun horario de 11 da mañá a 7 da tarde, arredor da Casa das Ciencias de A Coruña, no Parque de Santa Margarida. No ano 2005 celebrouse unha edición adicional en Pontevedra, auspiciada tamén polos 'Amigos da casa das Ciencias', que non se voltou repetir.
Os actores son alumnos e profesores de centros escolares da zona da Coruña (con excepcións como o IES Porta da Auga, ou agora o IES de Ribadeo Dionisio Gamallo), agrupacións científicas e empresas. Achegan coñecementos científicos e xeitos de facer aos cidadáns, cun programa de actividades que eles mesmos deseñan, incluíndo presentacións, demostracións, experimentos, ... que axudan a comprender a ciencia no seu máis amplo sentido.
Todos os datos (e programas das diversas edicións) na páxina de amigos da Casa das Ciencias: http://www.amigoscc.es/escolares/ciencia-en-la-calle/
Obxectivos
Presentacións da ciencia dun xeito divertido.
Anotacións
Organizado por Amigos da casa das Ciencias (web: http://amigoscc.org)
Con patrocinio (últimas edicións) de Caixanova http://www.caixanova.es
Asistencia de centros educativos e entidades diversas.
Detalles organizativos
Todos os anos é enviada unha invitación á participación con diferentes documentos e instruccións (ver, por exemplo, a cita do ano 2007), incluída invitación para un aperitivo para a xente ó cargo das 'jaimas' (tendas nas que se presentan os diferentes 'stand'), por exemplo.
A organización deste evento é detallada, involucrando a grande cantidade de xente e incluíndo un servizo de comida (a cada participante se lle entrega unha bolsa con comida), bebida, e para as jaimas, taboleiros para colgar, para facer de mesado, caballetes, escoba e recolledor, etc.
A infrastructura e a disposición humana organizativa dos 'Amigos da Casa das Ciencias' ten que ser necesariamente grande para sustentar a que é a maior manifestación de divulgación científica que se realiza de xeito periódico en Galicia.
Na imaxe, unha das características deste evento, os cabezudos científicos, representados nas súas tarxetas de visita.
Edicións:
Ligazóns externas
http://www.amigoscc.org/wiki/Ciencia_en_la_calle
Artigos
DÍA DE LA CIENCIA EN LA CALLE: http://www.enciga.org/congreso/2004/guia_congreso_resumida.pdf pp.183-184
Persoa de contacto
Javier Novelle Secades (Amigos Casa de las Ciencias)